Compra les teves entrades
Venda online tancada.
Per a més informació pregunti a l'organitzador de l'esdeveniment.
Les dades de l'organitzador estan a l'apartat "Organitzat per".
descripció de l'esdeveniment
Mondra
A XI edición do ciclo musical Os Xoves de Códax ofrece unha programación con recoñecidos artistas, marcada pola mestura musical e cultural, que abrangue dende o flamenco, a música electrónica ou a música de raíz galega. A recadación de cada un dos concertos destinarase a entidades benéficas, como parte do compromiso social da adega.
INFORMACIÓN DO EVENTO
Nesta penúltima cita, a terraza de Bodegas Martín Códax encherase dos ritmos de música de raíz e electrónica de Mondra, un artista multifacético, cuxo corazón bate ao ritmo da música e da danza tradicional galega, así como do teatro e do audiovisual. A súa traxectoria artística comezou enraizada na cultura musical e danzante da súa terra natal, explorando as súas raíces e expandindo os seus horizontes creativos.
Desde 2021, forma parte da compañía DeMente, liderada por Fran Sieira, como vocalista e bailarín. En setembro de 2023, lanzou o seu primeiro álbum “ARDĒN”, unha fusión única de música tradicional galega e elementos contemporáneos, producido por Berto. Galardoado nos Premios Martín Códax da Música 2024 na categoría de Electrónica. O álbum foi acompañado polo espectáculo “FOLĪA das ARDENTES”, unha extravagante mestura de percusión tradicional, electrónica e danzas urbanas, aclamado en festivais e esgotando entradas nas súas presentacións. Mondra promete continuar encantando o público durante a súa extensa xira polo territorio galego ao longo do 2024.
ATENCIÓN
- Está totalmente prohibida a entrada a menores de idade.
- O importe da entrada destinarase á organizacións solidarias.
- Coa compra da entrada o asistente da o seu consentimento para aparecer no material audiovisual do evento.
Política d'accés
- Está totalmente prohibida a entrada a menores de idade.
Comentaris
5