RAPA DAS BESTAS 2024
Organitzat per: Asociación Rapa das Bestas de Sabucedo
Venda online tancada.
Per a més informació pregunti a l'organitzador de l'esdeveniment.
Les dades de l'organitzador estan a l'apartat "Organitzat per".
Detall de l'esdeveniment
NORMAS DE ACCESO
- Os menores de 4 anos entran gratis sempre que non ocupen asento.
- Está prohibido fumar.
- Está prohibido o acceso o recinto con bebidas alcohólicas, garrafas de vidro ou qualquer outro utensilio que poda por en perigo as persoas ou a celebración do evento.
- Acomodación por orde de chegada. Non se garante asento.
- Está prohibida a entrada ao recinto con calquera tipo de animais ou mascotas, con excepción dos cans de asistencia a persoas con discapacidade.
- Non se devolven as entradas unha vez adquiridas.
- As normas de seguridade reflectidas na entrada son as vixentes no momento da compra.
HORARIOS
- Sábado 6 de xullo: Curro ás 19:00 h. Apertura de portas ás 18:00 h
- Domingo 7 de xullo: Curro ás 12.00. Apertura de portas ás 11.00 h
- Luns 8 de xullo: Curro ás 12.00. Apertura de portas ás 11.00 h
PREZOS
- SÁBADO 6 E DOMINGO 7
- 0-4 anos incluidos, entrada de balde.
- 5-12 anos incluidos 10 euros
- 13 anos en adiante , entrada adulto 15 euros.
- LUNES 8
- 0-4 anos incluidos, entrada de balde.
- 5-12 anos incluidos 5 euros
- 13 anos en adiante , entrada adulto 10 euros.
Rapa das Bestas de Sabucedo 2024.
Sabucedo é unha parroquia situada no sur do Concello da Estrada (Pontevedra), cunha extensión de 5,9 km2. Conta cunha sóla entidade de poboación e na actualidade non supera os 60 habitantes. Con todo, en Sabucedo ten lugar una das máis elevadas manifestacións de autenticidade, identidade, e vontade colectiva de todas as que integran o noso legado cultural: A rapa dás bestas de Sabucedo.
A Rapa comeza rememorando o vínculo ancestral dos cabalos co divino. Durante a “misa da alborada” pídese protección a San Lourenzo para os animais e as persoas que participan na festa. A continuación sóbese ao monte en busca dos cabalos. Veciños e visitantes colaboran en grupos reunindo as mandas. Finalmente, o sábado, condúcense nun gran cerco á aldea. A parte máis espectacular da festa é o Curro, onde os “ aloitadores” e cabalos confrontan técnica e forza corpo a corpo, para inmobilizar ao animal e cortarlle as crines.
Opinions (60) 60 Opinions