Kaufe Deine Eintrittskarten
Online Verkauf geschlossen
Für mehr Infos setze Dich gerne mit dem Veranstalter des Events in Verbindung.
Die Kontaktdaten des Veranstalters findest Du unter dem Abschnitt "Verantaltet von".
Ereignisdetail
Sumrrá & Niño de Elche
A XI edición do ciclo musical Os Xoves de Códax ofrece unha programación con recoñecidos artistas, marcada pola mestura musical e cultural, que abrangue dende o flamenco, a música electrónica ou a música de raíz galega. A recadación de cada un dos concertos destinarase a entidades benéficas, como parte do compromiso social da adega.
INFORMACIÓN DO EVENTO
Este encontro reúne a dúas forzas creativas da vangarda musical estatal para explorar novas posibilidades sen límites artísticos.
O trío galego Sumrrá, recoñecido internacionalmente e gañador do Premio Jazz España 2022, subiranse ao escenario de Os Xóves de Códax co seu novo proxecto xunto ao cantante multidisciplinar Niño de Elche.
Niño de Elche, un dos artistas españois máis relevantes actualmente, é coñecido polas súas colaboracións con C. Boureo, Os Planetas, Israel Galván, Raül Refree, Rosalía, e Angélica Liddell, entre outros. Defínese como un exflamenco autoproclamado. Este termo reflicte o seu compromiso coa exploración e redefinición da arte máis aló das súas etiquetas tradicionais. Xuntos, ofrecerán un concerto inédito que celebra a música e a vida, combinando dous talentos na súa plenitude para ofrecer unha experiencia musical sen precedentes.
ATENCIÓN
- Está totalmente prohibida a entrada a menores de idade.
- O importe da entrada destinarase á organizacións solidarias.
- Coa compra da entrada o asistente da o seu consentimento para aparecer no material audiovisual do evento.
Zugangsrichtlinien
- Está totalmente prohibida a entrada a menores de idade.
Kommentare
6