Selecciona tus entradas
Venta online cerrada.
Para más información pregunta al organizador del evento.
Los datos del organizador están en el apartado "Organizado por".
Descripción del evento
Rapa dás Bestas 2021 de Sabucedo 2022.
Sabucedo é unha parroquia situada no sur do Concello da Estrada (Pontevedra), cunha extensión de 5,9 km2. Conta cunha sóla entidade de poboación e na actualidade non supera os 60 habitantes. Con todo, en Sabucedo ten lugar una das máis elevadas manifestacións de autenticidade, identidade, e vontade colectiva de todas as que integran o noso legado cultural: A rapa dás bestas de Sabucedo.
A Rapa comeza rememorando o vínculo ancestral dos cabalos co divino. Durante a “misa da alborada” pídese protección a San Lourenzo para os animais e as persoas que participan na festa. A continuación sóbese ao monte en busca dos cabalos. Veciños e visitantes colaboran en grupos reunindo as mandas. Finalmente, o sábado, condúcense nun gran cerco á aldea. A parte máis espectacular da festa é o Curro, onde os “ aloitadores” e cabalos confrontan técnica e forza corpo a corpo, para inmobilizar ao animal e cortarlle as crines.
HORARIOS:
- Sábado 2 de xullo: Curro ás 19:00 h. Apertura de portas ás 17.30 h
- Domingo 3 de xullo: Curro ás 12.00. Apertura de portas ás 11.00 h
- Luns 4 de xullo: Curro ás 12.00. Apertura de portas ás 11.00 h
PREZOS:
- 0- 3 anos incluidos, entrada de balde.
- 4-12 anos incluidos 10 euros
- 13 anos en adiante , entrada adulto 15 euros.
ATENCIÓN:
- Os menores de 3 anos entran gratis sempre que non ocupen asento
- Esta prohibido fumar.
- Está prohibido o consumo de bebidas alcohólicas dentro do recinto.
- Acomodación por orde de chegada. Non se garante asento
- As normas de seguridade reflectidas na entrada son as vixentes no momento da compra.
- A realización do evento está suxeita á normativa establecida polas autoridades sanitarias e o seu cumprimento, polo que pode experimentar cambios ata a mesma data.
- Se o evento non puidese celebrarse por cambios na actual situación debido ao Covid-19, o promotor devolvería o custo da entrada, sen que o cliente puidese reclamar custos derivados do evento máis aló do devandito custo da entrada.
Política de acceso
Comentarios
81