selecciona as túas entradas
Venta online cerrada.
Para máis información pregunta ao organizador do evento.
Os datos do organizador están no apartado "Organizado por".
Descripción do evento
Esta función conta con interpretes de Lingua de Signos.
Xira Despedida do multipremiado espectáculo Elisa e Marcela da compañía teatral A Panadaría nun
espazo singular, a Granxa Maruxa. Este espectáculo é, en palabras da crítica: “Un canto ao amor valente
e, ao tempo, unha homenaxe e unha reivindicación”.
Ano 1901, A Coruña. Dúas mulleres casan na Igrexa de San Xurxo, unha delas vestida de home.
Unha historia de persecucións policiais, fuxidas en dilixencia, cambios de identidade e informacións
manipuladas.
As cómicas de A Panadaría presentan unha reconstrución irreverente dun suceso real. Unha comedia
musical onde o verídico parece invento.
Elisa e Marcela é unha historia de amor a contratempo.
Granxa Maruxa é unha granxa ecolóxica de vacas situada na comarca da Ulloa, en Lugo. A súa
coordinadora, Marta Álvarez, reinventouse unha e outra vez e na actualidade desenvolve dous proxectos
xunto con outras cooperativas, os cosméticos naturais Muuhlloa! e a produción de leite e iogures Sen
Máis. Sede orixinaria do Agrocuir, a Granxa Maruxa é a capital rural galega do Orgullo e unha
localización moi especial para unha das últimas funcións de Elisa e Marcela.
Política de acceso