Acquista i tuoi biglietti
Vendita online chiusa.
Per maggiori informazioni chiedi all'organizzatore dell'evento.
I dettagli dell'organizzatore sono nella sezione "Organizzato da".
Descrizione dell'evento
Antía Muiño e Las Migas
A X edición do ciclo musical Os Xoves de Códax ofrece unha programación con recoñecidos artistas, marcada pola mestura musical e cultural, que abarcará dende o flamenco, indie ou música de autor ata o pop e rock.
INFORMACIÓN DO EVENTO
Antía Muiño convidará ó cuarteto musical Las Migas a facer música de fusión e de autor. Un concerto onde o talento xuvenil feminino será o verdadeiro protagonista do solpor.
Antía Muiño, cantautora galardoada co premio á Mellor Artista Emerxente nos Premios Martín Códax da Música no 2022, converteuse nunha artista absolutamente transversal que van dende a facción máis folclórica á alternativa, a jazzera ou á de canción de autor, ou a colaborar con artistas de rexistros e xeracións diferentes.
Las Migas, gañadoras dun Latin Grammy ó Mellor Álbum de Flamenco polo seu último traballo “Libres”, defínense como catro mulleres, guerreiras e viaxeiras que renacen e reinvéntanse, unha e outra vez. Son elas, inconfundibles e únicas.
ATENCIÓN
- Está totalmente prohibida a entrada a menores de idade.
- O importe da entrada destinarase á organizacións solidarias.
- Coa compra da entrada o asistente da o seu consentimento para aparecer no material audiovisual do evento.
Politica di accesso
- Está totalmente prohibida a entrada a menores de idade.
Commenti
13