Acquista i tuoi biglietti
Vendita online chiusa.
Per maggiori informazioni chiedi all'organizzatore dell'evento.
I dettagli dell'organizzatore sono nella sezione "Organizzato da".
Descrizione dell'evento
Esta función conta cun Taller de Conciliación Familiar gratuito deseñado especialmente para crianzas entre 6 e 12 anos.
Xira Despedida do multipremiado espectáculo Elisa e Marcela da compañía teatral A Panadaría.
Este espectáculo é, en palabras da crítica: “Un canto ao amor valente e, ao tempo, unha homenaxe e unha
reivindicación”.
Ano 1901, A Coruña. Dúas mulleres casan na Igrexa de San Xurxo, unha delas vestida de home.
Unha historia de persecucións policiais, fuxidas en dilixencia, cambios de identidade e informacións
manipuladas.
As cómicas de A Panadaría presentan unha reconstrución irreverente dun suceso real. Unha comedia
musical onde o verídico parece invento.
Elisa e Marcela é unha historia de amor a contratempo.
O Taller de Conciliación Familiar dispón de 15 prazas e vaise celebrar no local da Asociación Nós Mesmas (R/Torrecedeira, 19) de 18:30 a 21:00. Mentres ti gozas da función, as peques van xogar en compañía de persoal especializado cunha sesión creada para a ocasión. Ao rematar a compra de entradas, vas recibir un e-mail que che leva directamente á inscrición no taller.
Politica di accesso
Commenti
8