38ª Edición do Festival A Carballeira de Zas
Event s ticketrona carballeirazas 595 x 842

38ª Edición do Festival A Carballeira de Zas

Organizzato da: Carballeira de Zas

A Carballeira . Zas Vedi mappa A Carballeira . Zas

Vendita online chiusa.

Per maggiori informazioni chiedi all'organizzatore dell'evento.

I dettagli dell'organizzatore sono nella sezione "Organizzato da".

Descrizione

Non perdas a oportunidade de asistir a un dos máis importantes festivais folclóricos nacionais e internacionais, que se celebran nun escenario único. O plan perfecto para gozar en familia ou amigos.

¡Agardámoste en Zas!

A 38 edición da Carballeira este ano celebrará un festival con un cartel cargado de sorpresas para todos os públicos e para todos os momentos dos dous días de festa


DATA:

11 E 12 DE AGOSTO DE 2023

PREZOS:

VENDA ANTICIPADA: BONO DOUS DÍAS 15 EUROS / ENTRADA DIA: 8 EUROS

VENDA TAQUILLA MESMO DÍA: BONO DOUS DÍAS 20 EUROS / ENTRADA DIA: 12 EUROS





Politica di accesso

Menores de idade


Estaremos encantados de recibir a calquera menor de idade que queira gozar da Carballeira de Zas, pero precisa vir acompañada/o dun adulto responsable para poder entrar. Durante a súa estancia no recinto, o adulto será responsable de calquera acción que o menor realice.

Para que isto sexa posible, é necesario presentar no despacho de billetes do festival a seguinte documentación:

1.- Se o acompañante durante o festival é o pai/nai/titor legal


Tanto a/o menor como a/o acompañante deberán presentar o seu DNI / Libro de familia / Pasaporte de ámbolos dous ou documento legal que acredite a relación de responsabilidade sobre a/o menor.

Certificado de responsabilidade debidamente cuberto polo acompañante da/o menor. (DESCARGAR OU PEDIR NO DESPACHO DE BILLETES)

2.- Se o acompañante durante o festival NON é o pai/nai/titor legal


Autorización do pai/nai ou titor legal da/o menor debidamente cuberta e acompañada de fotocopia de DNI / Libro de familia / Pasaporte de ambos. (DESCARGAR OU PEDIR NO DESPACHO DE BILLETES)

Certificado de responsabilidade debidamente cuberto pola/o acompañante da/o menor. (DESCARGAR OU PEDIR NO DESPACHO DE BILLETES)

En todo momento tanto a/o acompañante como a/o menor deberán levar o seu DNI / Pasaporte por se fose requirido por parte do persoal da organización para acreditar a súa identidade. No caso de cidadáns estranxeiros deberán aportar os documentos oportunos do seu país de orixe.

Tanto a autorización de asistencia como o certificado de responsabilidade poderán recollerse e cubrirse No despacho de billetes do recinto. Para evitar aglomeracións e sorpresas de última hora, dende a organización recomendamos descargar os documentos dende a nosa páxina web e cubrilos con calma, asegurándose encher todos os requisitos.

A Organización informa que a lexislación vixente prohibe expresamente a venda de alcol aos menores de idade. O menor deberá en todo momento levar o seu DNI.

A falta de cumprimento dos requisitos anteriores, será motivo de expulsión do recinto e non dará dereito á devolución do diñeiro abonado pola entrada da/o menor.


Os menores de 14 anos NON terán que pagar entrada pero SI que deberán cumprir todos os requisitos mencionados anteriormente.



Máis info en http://www.festadacarballeira.com

Galleria

Vedi galleria

Opinioni (42) 42 Opinioni

Belén
11/09/2023
Ha partecipato il 12/08/2023 OPINIONE VERIFICATA
A Carballeira e maxica
E unha cita obrigada ano tras ano,o ambiente,a música,a xente,a comida,os xogos,...non se pode faltar!
Aurora
29/08/2023
Ha partecipato il 11/08/2023 OPINIONE VERIFICATA
Fabuloso
Non perdades a ilusión e continuade así
Lidia
22/08/2023
Ha partecipato il 11/08/2023 OPINIONE VERIFICATA
Foliada de 10
.
C
21/08/2023
Ha partecipato il 11/08/2023 OPINIONE VERIFICATA
Xenial!
Xeniais os concertos, e as actividades diurnas así como a acampada e os servizos!
Estrella Rguz
19/08/2023
Ha partecipato il 11/08/2023 OPINIONE VERIFICATA
Festival Carballeira Zas
Genial todo
Noi e i nostri partners utilizziamo cookie propri e di terze parti con il fine di offrirti il ​​servizio correttamente, analizzare le visite effettuate alla nostra web e, in casi specifici, mostrarti pubblicità e consentirti di condividere contenuti sui social network. Puoi ottenere maggiori informazioni sui cookie, consultando la nostra Politica sui Cookies.