Fear of missing out: Concerto pola saúde mental
Organizado por: Fear Of Missing Out
Venda online encerrada.
Para mais informação pergunta ao organizador do evento.
Os dados do organizador estão no apartado "Organizado por".
Descrição
Fear Of Missing Out chega ó Salón Teatro de Santiago de Compostela.
O 25 de febreiro ofrecemos un espectáculo que combina un concerto, unha exposición e unha charla sobre saúde mental.
Mostraremos obras de Carlos Asorey, un artista da cidade, creador de ilustracións e esculturas que deixarán ó público impresionado.
Teremos unha charla coordinada pola psicóloga Rebeca Calvo Barros, da empresa Mentiness, e coa colaboración da USC, na que falaremos da realidade da saúde mental antes e despois da COVID.
E pecharemos coa interpretación do noso disco Disorders, con letras escritas por persoas con trastornos mentais.
Todo isto, con entrada íntegra a favor de FEAFES Galicia.
Esperámosvos!
Opiniões (3) 3 Opiniões