Compra os teus bilhetes
Venda online encerrada.
Para mais informação pergunta ao organizador do evento.
Os dados do organizador estão no apartado "Organizado por".
Descrição do evento
Durante só unha noite, a Bruxa Befana reparte comida e agasallos polas casas. Colombina, farta de
traballar e de ser pobre, ten unha idea: raptar a Befana, así nunca lle faltará nada, pero Arlequín e
Polichinela escoitan o seu plan. E hai un capitán e un vello Pantalone que tamén entran no enredo.
Conseguirán atrapar a escorregadiza Befana? Quen chegará primeira a súa góndola viaxeira?
Nesta historia presentámosvos personaxes que veñen de Italia, unha divertida aventura a cargo da
compañía Olivas Negras con moita música en directo, xogo, maxia, alegría e comedia.
O texto é de Paula Carballeira e a dirección de Nuria Sanz. A escenografía e iluminación están deseñadas
por Beatriz de Vega.
Elenco: Rosa Puga, Leonor Sangabriel, Sonsoles Cordón, Germán Gundín, Sergio Alfonso e Diego Roca
**ESPAZO CEDIDO GRATUITAMENTE POLO CONCELLO DE VIGO COA COLABORACIÓN DA CONCELLERÍA DE PARTICIPACIÓN CIDADÁ**
Política de acesso
Comentários
9