selecciona as túas entradas
Venta online cerrada.
Para máis información pregunta ao organizador do evento.
Os datos do organizador están no apartado "Organizado por".
Descripción do evento
Xira Despedida do multipremiado espectáculo Elisa e Marcela da compañía teatral A Panadaría nun
espazo singular, na palleira da Casa Lourán. Este espectáculo é, en palabras da crítica: “Un canto ao amor
valente e, ao tempo, unha homenaxe e unha reivindicación”.
Ano 1901, A Coruña. Dúas mulleres casan na Igrexa de San Xurxo, unha delas vestida de home.
Unha historia de persecucións policiais, fuxidas en dilixencia, cambios de identidade e informacións
manipuladas.
As cómicas de A Panadaría presentan unha reconstrución irreverente dun suceso real. Unha comedia
musical onde o verídico parece invento.
Elisa e Marcela é unha historia de amor a contratempo.
Casa Lourán, construída arredor do século XVII, é na actualidade un aloxamento rural que transmite
tranquilidade e paz ás viaxeiras. Ao pé da Serra da Loba, na contorna das Fragas do Eume, este lugar
máxico súmase á celebración da vida e amor de Elisa e Marcela.
Política de acceso
Comentarios
4